Orquestra de jazz formado por moitos dos mellores instrumentistas de jazz da comunidade galega. A Orquestra nace coa intención de promocionar os elementos singulares da Ribeira Sacra ( paisaxisticos, etnográficos, históricos …), utilizando a música como vehículo, camiñando en paralelo tradición e modernidade.
Ribeira Sacra Jazz Orquestra presenta un repertorio de composicións e arranxos de Iñaki Aszunze Parada, compositor vasco galego. Profesor na especialidade de Jazz de Harmonía, Arranxos, Composición e Combo no Conservatorio Superior de Música do País Vasco (Musikene) e de Composición no Conservatorio Superior de Música Pablo Sarasate de Pamplona. Director da “Pirineos Jazz Orquesta”.
